Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
INCENDIOS
Publícase no DOG a orde que determina a época de perigo alto de incendios
4/6/2010

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se determina a época de perigo alto de incendios. Mediante esta norma, para este ano 2010 declárase o período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro como de perigo alto de lumes forestais.

Ao mesmo tempo, a Orde faculta tamén ao director xeral de Montes para ditar cantas instrucións sexan precisas para modificar estas datas e declarar como perigo alto outras épocas do ano, cando as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendios.

A publicación desta Orde no DOG faise efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.

Ver documento completo da orde

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza