A Sociedade de Cazadores "A Merca - A Serra", entidade titular do Tecor societario "A Merca" (OU-10.140) solicitou unha ampliación dese tecor con 231 ha de predios privados e cos montes veciñais en man común “Monte de Pereira” dos veciños de Pereira, de 229 ha e “de Parderrubias” dos veciños da parroquia de Parderrubias de 469 ha, todos do concello da Merca, sendo tódolos terreos de réxime cinexético común (RCC).
A Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural (Servizo de Conservación da Natureza) ven de publicar o pasado venres 7 de maio o correspondente anuncio para que calquera persoa física ou xurídica poida, no prazo dun mes contado a partir da data de publicación deste anuncio, examinar o expediente e presentar tódalas alegacións que consideren oportunas no Servizo de Conservación da Natureza dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería do Medio Rural (r/ Paseo, 18 - 3º, 32003 Ourense).
Fonte: Boletín Oficial de Ourense