Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CONSERVACIÓN
Medio Rural publica unha orde para a conservación e protección das árbores e formacións singulares de Galicia
28/4/2010

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a conservación, protección e melloras das árbores e formacións singulares de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2010.

Esta norma ten por obxecto establecer unha liña de axudas destinada á realización de diversas actuacións para a mellora do estado fitosanitario das árbores e formacións singulares incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras. A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, poderá subvencionar ata un importe do cen por cento do custo dos gastos realizados e ata un máximo por beneficiario do quince por cen do crédito total da orde de axudas.

Actividades subvencionables
As actividades que poderán ser obxecto de subvención son todas aquelas encamiñadas á conservación, divulgación, protección e mellora das árbores e formacións singulares, así como para a realización de tratamentos fitosanitarios ou silvícolas de mantemento neste tipo de formacións.

Os posibles beneficiarios serán as persoas físicas ou xurídicas, incluíndo os concellos, propietarias de árbores ou formacións incluídas no devandito Catálogo con anterioridade á entrada en vigor da presente Orde. Só se admitirá unha única solicitude por solicitante, incluído os propietarios de máis de un exemplar.

As axudas previstas nesta convocatoria serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre e cando a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos.

Controis
Os servizos de Conservación da Natureza dos departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural poderán facer visitas e inspeccións nos lugares onde se realizarán as actividades, incluso con carácter previo á concesión das axudas, para comprobar a súa adecuación á normativa vixente e verificar a correcta execución das actividades que foran obxecto destas axudas.

Fonte: Consellería do Medio Rural

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

LOBO
03/12/2024
O Consello de Berna acepta a reducción do estatus de protección do lobo en Europa

LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
23/10/2024
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025

MODIFICACIÓN VEDAS
14/08/2024
Información sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza