Fiel ao seu compromiso de ofrecer información cumprida e ordenada sobre os lumes na Comunidade Autónoma, Medio Rural informa dun incendio na parroquia de Grixoa, do concello coruñés de Santa Comba, que quedou controlado pouco antes das cinco desta tarde.
Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada polo lume sitúase en torno ás 40 hectáreas (0,4 quilómetros cadrados).
No control deste lume traballaron 4 helicópteros (3 de extinción e 1 de coordinación), 3 axentes forestais, 4 brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), 1 Cuadrilla de Acción Rápida (CAR) –integrada por 2 técnicos e un vehículo todo terreo–, 5 motobombas e 1 pala.
Os labores de control e extinción comezaron pasadas as 13:30 horas, quedando controlado o lume pouco antes das 17:00 horas. Cómpre salientar as dificultades do terreo no que actuaron os efectivos, xa que se trata dunha zona de brañas, así coma as condicións do vento, dunha certa intensidade e de carácter variable.
Fonte: Consellería do Medio Rural