Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZADORES FEDERADOS
ISUZU ofrece descontos a todos os federados pola compra dunha das súas pickups
30/01/2025

A marca xaponesa de vehículos industriais e comerciais, especializada en camións e pickup, ISUZU, ofrecerá durante 2025 a todos os cazadores federados un desconto superior aos 4.000 euros pola compra de dúas das súas pickups máis vendidas, a D-Max Crew N60BB+ e a D-Max Crew N60 Nitro Sport.

Grazas ao acordo de colaboración entre a Real Federación Española de Caza (RFEC) e ISUZU, en vigor desde o pasado mes de xullo de 2024, os cazadores federados españois poderán gozar desta primeira promoción especial encamiñada a facilitar a adquisición dun vehículo todoterreo que cumpre con todas as funcionalidades necesarias para as saídas ao campo. 

A promoción, en vigor desde o 1 de xaneiro de 2025, é válida para todos os cazadores federados, debendo presentar a tarxeta federativa na rede de concesionarios de ISUZU en España, onde lle informarán do desconto aplicado no prezo de venda dunha pickup tope de gama. A pesar de que a promoción é para os dous modelos anunciados anteriormente, desde ISUZU informan que os cazadores federados tamén poderán gozar de descontos e outras vantaxes exclusivas na adquisición doutros modelos da marca.

Para a RFEC, os federados son o activo máis importante, por iso traballamos coas marcas que se involucran coas federacións de caza en promoción e defensa da actividade cinexética. Con esta acción, ISUZU quere celebrar o seu compromiso coa caza e o cazador español, fomentando o crecemento das súas marcas xunto cos cazadores e a defensa dos seus valores. Tanto a RFEC como ISUZU animamos a todos os cazadores a federarse para poder defender con garantías a nosa afección e que todos os cazadores gocen desta e outras promocións exclusivas.

Máis info en: https://fecaza.com/isuzu-ofrece-en-2025-un-suculento-descuento-a-todos-los-cazadores-federados-por-la-compra-de-una-de-sus-pickups/

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza