No día de onte, 20 de xaneiro, o presidente da FGC Luis Eusebio Fidalgo, acompañado da Xunta Executiva e os presidentes provinciais da FGC en Ourense e Pontevedra, mantiñan unha reunión con Ángeles Vázquez, Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e con Marisol Díaz, Directora Xeral de Patrimonio Natural.
Foi o lobo o eixo central desta reunión na cal analizouse a actual situación do Canis lupus así como as súas futuras modificacións lexislativas a nivel europeo e nacional, status de protección e o sustancial incremento dos danos ás gandeirias galegas así como os cada vez máis reiterados ataques aos cans dos cazadores. Por todo isto a FGC pide que se realicen todas as xestións necesareas e oportunas para que o lobo non esté presente no listado LESPRE ao tempo que se acometa o control da súa poboación en Galicia.
Na segunda parte da xuntanza, a representación federativo volveu a incidir nas propostas presentadas xa no pasado ano e que son de vital importancia para o futuro cinexético galego. Medidas referidas á:
-Gratuidade da licencia de caza e exención das taxas e matrículas dos Tecores. Solicitando axudas aos Tecores por un importe de 1€/ha así como axudas por xabaril abatido. Debido a que a caza do xabaril xa supera a acción cinexética e estase a converter nunha labor social en beneficio da gandeiria, agricultura e mitigando os danos nas estradas.
-A FGC tamén solicitou, novamente, un proxecto piloto para a recuperación da caza menor en Galicia, con melloras de hábitats e control de depredadores.
A Conselleira e Directora Xeral tomaron boa nota das solicitudes presentadas polos representantes federativos ao tempo que se comprometeron a analizar cada un dos puntos e medidas presentadas.