Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
Os mellores cetreiros na Terra Chá
29/10/2024

XXI Campionato Xunta de Galicia de Cetrería 

O pasado 26 e 27 de outubro desputouse o XXI Campionato Galego Xunta de Galicia de Cetrería no Tecor lucense da Terra Chá. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e a Sociedade Galega de Cetrería e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor Terra Chá, Deputación de Lugo e os concellos de Villalba e Cospeito.

Baixo unhas condicións climáticas moi diferentes entre a xornada do sábado e a do domingo, na derradeira fin de semana do mes de outubro desputábase unha edición máis do autonómico de cetrería. Un campionato que contou coas categorías de: altanaría a pomba lanzada, baixo voo Azores a perdiz, baixo voo Harris a perdiz, pequenas aves a paspallás e brazo tornado (falcóns) a perdiz.

Todo comenzaba o venres 25 de outubro ás 20:30 horas no Museo das Aves de Cospeito coa recepción de cetreiros. Durante a cal tivo lugar tamén a presentación do campionato e o sorteo de quendas de voo. 

Altanería

Na modalidade de altanería o título de Campión Galego era ara Marcelino Herrera. O subcampionato era para Rogelio Domínguez e o terceiro posto do podio era Jenifer Micaella.

Baixo Voo

Na modalidade de Baixo Voo a participación foi moito máis alta.Na categoría de Azores o Campión Galego era Pedro A. Sanjuan. David Zumeta facíase co segundo posto da clasificación xeral. O bronce con era tamén para Pedro A. Sanjuan.

En Harris o campión era José Gregores seguido en segunda posición por Evaristo González. O terceiro posto era para o cetreiro Adrían Bravo.

Brazo Tornado

Evaristo González  era o campión desta categoría seguido moi de preto, xa en segunda posición, por Carmela González. O bronce era para Jose Manuel Gregores.  

Pequenas Aves

Na categoría de Pequenas Aves resultaba campión  Ignacio Orge. O subcampionato e o bronce eran para o cetreiro Evaristo González.  

Este campionato autonómico contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA CETRARÍA
16/01/2025
Cetreiros en Santa Comba

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
30/12/2024
“Seeker de Montemayor”, de Esteban Cambón Bértoa, campión da proba

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
23/12/2024
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza