Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
50 ANOS DE MUTUASPORT
Mutuasport máis de cinco décadas de compromiso co sector da caza en España
18/09/2024

Mutuasport, a mutua de seguros dos cazadores en España, celebra máis de 50 anos de historia dedicados á defensa e promoción da actividade cinexética. Fundada co obxectivo de protexer aos cazadores e as súas prácticas, Mutuasport evolucionou ata converterse nunha institución crave para o sector, reinvestindo os seus beneficios en iniciativas que garanten a sustentabilidade e o futuro da caza no noso país.

Ao longo da súa traxectoria, Mutuasport demostrou un firme compromiso coa conservación das especies cinexéticas e a formación dos cazadores, financiando proxectos científicos de gran envergadura e desenvolvendo programas educativos en colaboración coas Federacións de Caza. Entre os logros máis recentes, destaca o investimento de máis de 500.000 euros en estudos como os proxectos Coturnix e Zorzales, cuxo obxectivo é obter datos precisos sobre as poboacións de especies crave para a caza en España. Estes estudos, realizados en colaboración co Observatorio Cinexético, foron fundamentais para informar de decisións regulatorias e evitar prohibicións que poderían afectar negativamente o sector.

Ademáis da súa contribución á investigación, Mutuasport desempeñou un papel crucial na defensa dos dereitos dos cazadores. O seu apoio foi esencial na organización da manifestación do 20 de marzo, onde a Mutua achegou máis de 40.000 euros para garantir o éxito deste evento histórico, que reuniu a miles de cazadores en defensa da actividade cinexética.

A formación e seguridade na caza son outros piares nos que Mutuasport centrou os seus esforzos. En colaboración coas Federacións autonómicas de caza, a mutua impartiu cursos especializados sobre seguridade no uso e manexo de armas, contribuíndo á profesionalización e seguridade dos cazadores. Ademáis, Mutuasport mantén unha activa presenza no ámbito deportivo, patrocinando eventos de relevancia nacional e internacional e outorgando o Premio á Deportividade nos campionatos de España de caza, un recoñecemento que destaca as boas prácticas e a ética na caza.

No contexto actual de dixitalización e comunicación global, Mutuasport adoptou unha estratexia de comunicación efectiva e activa, utilizando plataformas dixitais para promover a verdade sobre a caza e contrarrestar a desinformación. A través de campañas audiovisuais e colaboracións con influencers e expertos, a mutua posicionouse como un defensor da caza responsable e sostible, chegando a audiencias máis amplas e diversificadas.

Mutuasport reafirma o seu compromiso co futuro da caza en España, traballando incansablemente para garantir que a actividade cinexética continúe sendo unha parte esencial do patrimonio cultural e natural do noso país.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza