Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL CORUÑA COMPAK
Torres Parada gañador do provincial coruñés de Compak
24/06/2024

Campionato Provincial da Coruña de Compak Sporting

O campionato provincial de compak sporting da Coruña celebrouse no día de onte, 23 de xuño, e estivo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña e contou coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

A proba desputouse nas instalacións do campo de tiro de Río Sar a 100 pratos en catro canchas. Medio cento de tiradores tentaron acadar as mellores marcas nas diferentes categorías para formar a selección provincial para o vindeiro Autonómico da especialidade que se desputará, este domingo 30 de xuño, en Río Sar.

Foi José Manuel Torres Parada o tirador que obtivo o título de campión provincial despois de escachar un total de 94 pratos. Unha marca que non foi quen de alcanzar Daniel Cebreiro García que se tivo que conformar co segundo posto da xeral con 93 pratos. No terceiro caixón do podio da clasificación xeral situouse o senior Antonio Iglesias Otero con 93 pratos. Jose Manuel Fernández Añón era o terceiro clasificado da categoría de Homes con 90 pratos.

En Senior o mellor clasificado despois de Iglesias Otero foi Constantino Vilar Rodríguez con 85 pratos. O bronce era para Ángel Ramón Vidal Quintela con 84 pratos.

Na categoría de Veteranos o campión era Elisardo Cea Cebreiro con 85 pratos. Juan Antonio Sánchez Mancebo e Antonio Castro Ferreiro obtiveron o segundo e terceiro posto, respectivamente.

O sempre presente Ángel Mosquera Rodríguez rematando a tirada con 60 pratos e era o mellor clasificado da categoría Master.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza