Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ELECCIÓNS EUROPEAS
A Caza Vota En Europa
06/06/2024

A Real Federación Española de Caza (RFEC) fixo un chamamento a todos os cazadores españois para que acudan á cita deste domingo 9 de xuño, unhas eleccións ao Parlamento Europeo que se antollan fundamentais para o futuro do sector cinexético ao decidirse en Europa máis do 80% das normas que afectan á actividade.

Nun acto celebrado nas instalacións da RFEC en Madrid, a federación tamén deu a coñecer as conclusións de “A Caza Vota En Europa”, unha campaña posta en marcha para conseguir o apoio e compromiso dos principais partidos que concorren a estes comicios.

Tanto o Partido Popular como VOX subscribiron todas as medidas do decálogo “A Caza Vota en Europa”, comprometéndose desta forma para traballar cos cazadores españois no próximos cinco anos.

Doutra banda, o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e SUMAR decidiron non comprometerse nin traballar co sector en Europa, unha cuestión que a federación entende como “meramente ideolóxica” e que atenta contra unha actividade “fundamental a nivel socioeconómico e ambiental e que xera ao ano en España máis de 6500 millóns de € e preto de 200.000 empregos”.

O presidente federativo, Manuel Gallardo agradeceu ao PP e VOX o seu compromiso co sector ao subscribir todas as medidas propostas pola RFEC e incidiu na importancia que teñen estes comicios para os cazadores españois, ao decidirse en Europa cuestiones fundamentais como “a volta do silvestrismo, a caza sostible da rula e outras migratorias, o uso do chumbo en municións ou distintos regulamentos de benestar animal que poderían acabar coas rehalas”.

Gallardo lamentou que o PSOE non quixese comprometerse coa caza, ao ser un partido “co que levamos moito tempo traballando a nivel nacional e autonómico”, polo que valora este cambio de posicionamento como unha “estratexia electoral errónea de achegarse ao ecoloxismo máis radical, que doutra banda xa previamos ao levar de cabeza de lista a Teresa Ribera, unha ministra que xa manifestou que prohibiría a caza”.

LEIS E DECISIÓNS ACORDES COA REALIDADE DO CAMPO 

Entre as medidas propostas pola federación e secundadas por PP e VOX, destacan que as normas sexan acordes coa realidade do campo e respectuosas cos usos tradicionais, unha implementación flexible das Directivas da Natureza da UE, o respecto ao patrimonio cultural europeo e o recoñecemento do papel imprescindible da caza na conservación.

Outros dos compromisos adquiridos por PP e VOX para a próxima lexislatura europea serán a reinstauración do Intergrupo “Biodiversidade, Caza e Campo”, a colaboración institucional e a participación social dos cazadores, a posta en valor do sector cinexético como peza crave na creación de riqueza e emprego no medio rural e a protección da caza sostible, defendendo o silvestrismo, a xestión da rula e o lobo ou a promoción da carne de caza, entre outros.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza