Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba
29/04/2024

XXVII Campionato provincial de Ourense de Percorridos de Caza 

Novamente o Campo de Tiro A Goberna acolleu a xa XXVII edición do Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza, todo un éxito de xornada deportiva así descrita polos preto de 50 tiradores participantes. 

Este campionato, celebrado o 28 de abril, contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro.

Un total de 100 pratos que fixeron unha máis que atractiva tirada valorada moi positivamente polos tiradores que acadaron unha boa porcentaxe de acerto no disparo.

O tirador coruñés Daniel Cebreiro García impoñía o seu claro dominio e obtiña o primeiro posto da clasificación xeral con 92 pratos escachados. Tamén o tirador chegado da Coruña, Santiago García Bello facíase co segundo posto da clasificación xeral con 87 pratos realizando unha fantástica tirada. Con 85 pratos pero en terceira posición remataba o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta. O cuarto clasificado da xeral foi o tirador Francisco Javier Villanueva Dejuane con tamén 85 pratos, unha marca que lle otorgou o título de campión provincial. 

O podio provincial compretárono José Antonio Vázquez Rivera e Marcos Nogueira Castro, en segunda e terceira posición, respectivamente.

En Seniors o campión resultou ser Cristino Mera Román cunha marca de 79 pratos. Francisco Javier Rivero Martínez obtiña a prata con 78 pratos e co mesmo número de pratos pero en terceira posición remataba Jesús Domínguez Gómez.

En Veteranos o campión da proba era Antonio Castro Ferreiro e o subcampión Eliseo Faraldo Fernández con 84 e 56 pratos, respectivamente.

José María González Rodríguez era o campión na categoría Máster.

A Selección Provincial queda composta polos seguintes tiradores: F. Javier Villanueva, Jose Antonio Vázquez, Marcos Nogueira, Manuel Carames, José Antonio Gómez, Eduardo Salceda, José Luís Estévez, Juan Vázquez, Abelardo Domínguez, Jose Luís Álvarez e Eliseo Faraldo.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza