O pasado 9 de marzo celebrouse en Río Sar o Curso de Formación do Uso e Manexo de Armas para Cazadores. Unha xornada organizada por Mutuasport, Bergara e a FGC a cal superou todas as expectativas en canto a contidos e participación.
O pasado sábado máis de medio cento de cazadores galegos achegáronse ás instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar para adquirir coñecementos no tocante a seguridade coas armas e primeiros auxilios.
Todo comenzaba ás 10:00 coa inauguración da xornada por parte de Javier Vergés, Xerente de Mutuasport, e Luis Eusebio Fidalgo, presidente da Federación Galega de Caza.
Posteriormente era a quenda de Rafael Carrillo, Experience Manager de Bergara e experto tirador a longa distancia. Esta ponencia foi moi dinámica, participativa e visual e mantivo aos cazadores expectantes ao tempo que lles permitiu a consulta e resolución de dúbidas no manexo das armas, así como a realización de disparos a longa distancia.
A segunda e última ponencia correu a cargo de Jaime Villaverde, Técnico en Transporte Sanitario, que axudado polo membro das Xuventudes pola Caza, Pedro A. Martínez, amosaron as primeiras atencións a pe de monte ante un suposto accidente ou situación de perigo que poda sufrir o cazador. Fracturas, obstruccións ou o emprego dun desfibrilador foron coñenzos recibidos polos cazadores os cales non escatimaron na consulta de dúbidas.
Luis Sánchez Mancebo, presidente da Sociedade Deportiva Río Sar e Luis Eusebio Fidalgo, presidente da FGC, clausuraron a xornada facendo unha valoración moi positiva ao tempo que agradeceron a enorme acollida, o cal da mostra do interese dos cazadores por practicar unha caza de máxima seguridade.