Ángeles Vázquez, Vicepresidenta Segunda e Conselleira de Medio Ambiente, participou no acto de entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación
O pasado venres, 1 de decembro, tiña lugar a Asemblea Xeral da FGC na que os asambleistas federativos deron luz verde, por unanimidade, aos 10 puntos dos que constaba a orde do día. Satisfacción polo traballo realizado neste primeiro ano de mandato da actual Xunta Directiva presidida por Luis Eusebio Fidalgo que se viu reflexado polo apoio da Asemblea Xeral.
Dita asemblea celebrada no Hotel Os Abetos, en Santiago de Compostela, deu comenzo ás 19:30 horas en segunda convocatoria con un número alto e representativo de asembleistas.
Destacamos a importante aprobación dos puntos da orde do día referidos aos orzamentos para o ano 2024 así como do calendario e normativa de competicións.
Tamén foi aprobado o proxecto PRO 6-15 e a súa adhesión ao programa Xogade así como outras accións de promoción da caza para os rapaces de entre 6 e 15 anos de idade. Dito proxecto foi analizado polo presidente e ten como finalidade a proxección da caza nos rapaces co fin de dar pulo o relevo xerenacional.
En informes de presidente, entre outros, Fidalgo informou da sinatura do convenio coa Consellería de Medio Rural coa finalidade de loitar contra os lumes a través da prevención e melloras de hábitats para Sociedades e Tecores federados.
Acontinuación da Asemblea Xeral deu comenzo o acto de entrega de Diplomas aos alumnos que superaron os diferentes Cursos de Formación impartidos pola FGC no pasado mes de outubro. Un acto no que tomaba a palabra a Vicepresidenta Segunda e Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, para destacar a alta participación de alumnos que amosa a importancia da formación do cazador e o papel que xoga no medio ambiente. En verbas do presidente Fidalgo este agradecía a colaboración da Consellería para impulsar estes Cursos de Formación así como a alta participación nos mesmos que redundan nunha maior implicación dos cazadores na actualización e formación.
Remataba a xornada cun aperitivo e viño galego a modo de despedida deste 2023 no cal se destacou este primeiro ano de xestión da actual xunta directiva e no que participaron asambleistas, autoridades, alumnos e relatores dos cursos de formación.