Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MUTUASPORT - BERGARA
Mutuasport e Bergara comprometidos coa seguridade dos cazadores
31/07/2023

Ambas entidades asinan un acordo para mellorar a formación dos cazadores no manexo e uso de armas de caza

Desde Mutuasport entendemos que a formación do cazador é a mellor forma para previr os accidentes de caza, un dos obxectivos principais e estratéxicos de Mutuasport, no seu traballo diario, radica no beneficio e defensa dunha caza segura. 

Con este obxectivo básico, Mutuasport e Bergara, entidades comprometidas coa caza e os cazadores españois, alcanzaron un compromiso institucional para organizar unhas Xornadas de Formación sobre seguridade no uso e manexo das armas que se celebrarán en diferentes rexións do noso país coa colaboración das correspondentes Federacións Autonómicas de Caza. 

Ambas entidades prepararon unha Xornada teórica e práctica sobre seguridade individual no manexo de armas na que se incidirá especialmente nun coñecemento adecuado sobre medidas de seguridade e comportamentos preventivos no uso das armas de fogo, ademáis de normas básicas de seguridade individual, colectiva e primeiros auxilios.

Mutuasport e Bergara consideran que unha boa formación en prevención de accidentes debe virar ao redor dos seguintes aspectos:

1)Conciencia e coñecemento: Unha formación adecuada en seguridade proporciona ás persoas a conciencia necesaria sobre os riscos potenciais na súa contorna e permítelles adquirir os coñecementos necesarios para identificar situacións perigosas e tomar as medidas adecuadas para previlas.

2)Cambio de actitudes e comportamentos: A formación en seguridade axuda a promover cambios positivos nas actitudes e comportamentos das persoas. A través da educación, foméntase a adopción de condutas seguras, como o uso correcto da munición, a prevención de caídas, a manipulación adecuada das armas de fogo e o cumprimento das normas básicas de seguridade, entre outros.

3)Redución de custos e perdas: Os accidentes poden ter consecuencias graves, tanto en termos humanos como económicos. Unha boa formación en prevención de accidentes contribúe a reducir os custos asociados a lesións, danos á propiedade e perda de produtividade. Ademais, ao previr accidentes, promóvese un ambiente no sector da caza máis seguro e diminúese o risco.

4)Responsabilidade compartida: A formación en seguridade crea un sentido de responsabilidade compartida entre os individuos e as organizacións. Ao capacitarse adecuadamente, as persoas convértense en axentes activos de prevención, contribuíndo á creación de comunidades máis seguras e protexendo tanto a eles mesmos como aos demais.

Sobre estes aspectos virará a Xornada teórico-práctica que será impartida por profesionais con dilatada experiencia da empresa Bergara.

A Federación Galega de Caza, nos vindeiros meses, informará aos seus federados da data e lugar de celebración de dita Xornada de Formación na nosa comunidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza