V Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe
O pasado 8 de abril e baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza de Xubia, Urogallo e Valdoviño tivo lugar a quinta edición da Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe. Unha proba que, ao igual que en edicións anteriores, foi todo un éxito en canto a participación e o desenrolo satisfactorio da mesma. Unha xornada de monteiros e cans que xa se converteu nunha das probas de referencia no tocante á traela sobre xabaril salvaxe. Nesta edición con dous alicientes importantes, por unha banda un recoñecemento ao cazador Gabriel Bouza Arnosa que aos seus 100 anos segue sendo un exemplo do valor que ten a actividade cinexética. E xa no eido da competición, esta proba foi a primeira puntuable para a Copa Galicia da especialidade que será un dos baremos de clasificación para o I Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe que tamén se desputará por terras galegas.
A proba trascorreu sen imprevisto e o número de rastros dispostos pola organización foron suficientes para os 53 monteiros e cans inscritos. Temos que facer unha mención especial a este tipo de probas sen morte onde participaron monteiros nun amplo abano de idade, onde un dos campos de participación estivo composto por rapaces menores de 18 anos que amosaron enorme destreza no rastrexo. Un total de 13 nenos e nenas que competiron en plena natureza e deron un claro exemplo de que si existe relevo xeneracional na actividade cinexética.
O Director da Proba, Tito Varela, deu a coñecer as puntuacións dos 5 campos clasificándose para a final o monteiro e can de cada campo que maior puntuación acadou. Os participantes da final foron:
- Campo A: Ángel Puga Jorge con “Trosky
- Campo B: Cristian Pacheco García con “Laika”
- Campo C: Daniel López Álvarez con “Lula”
- Campo D: Jesús Otero Iglesias con “Jaque”
- Campo E: Ángel Rey Martínez con “Mulata”
Na fase final, o binomio formado pola cadela mestiza de nome “Mulata” propiedade de Ángel Rey Martínez foi o que obtivo a maior calificación cun total de 234 puntos que o converteu no campión da proba. Jesús Otero Iglesias con “Jaque” era o segundo clasificado con 232 puntos. Na terceira posición remataba Cristián Pacheco García coa cadela “Laika” con 216 puntos.
No tocante a clasificación xuvenil, o campión era Erik Iglesias Meizoso que participaba con “Chata” obtendo unha calificación de 240 puntos. A prata era para Hugo Caruncho García que participou con “Pinta” e obtivo un total de 237 puntos. A monteira Alejandra Arnoso Abeal era a terceira clasificada con 221 puntos e participando con “Anglo”.