Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
Manuel Taboada, Nuria Varela e Juan José Canosa campións provinciais en Rianxo
27/03/2023

Campionato Provincial da Coruña de San Huberto e Proba de Iniciación 

O pasado sábado 25 de marzo, chegaba unha edición máis da fase provincial da Coruña da disciplina de Caza San Huberto na que houbo unha boa participación, preto de 25 cazadores, e se puxo en xogo as respectivas plazas de acceso para o Campionato Galego da especialidade.

A Federación Galega de Caza da Coruña, e sempre coa colaboración da sociedade de caza correspondente, desprazouse nesta ocasión ao Tecor de Rianxo para desputar o provincial de Caza San Huberto que tamén contou coa Proba de Iniciación a esta disciplina deportiva da FGC.

O cazador Manuel Taboada Vigo facíase con este provincial de Caza San Huberto ao compretar un percorrido, co seu setter de nome “Bruno”, que lle reportou unha puntuación de 76 puntos. A tan so un punto de Taboada situouse Antonio Olveira Pego, que coa setter inglés “Berta” acadaba a prata. Remataba en terceira posción Edelmiro Leira Pérez co braco “Nilo” e 65 puntos.

En Damas a campiona era Nuria Varela Painceiras que obtiña unha calificación de 50 puntos concursando co macho de pointer de nome “Perseo”.  Nicolasa González Carrodeguas que participaba co setter “Gudel” obtiña  a prata con 47 puntos. E xa en terceira posición, con 44 puntos, remataba Lidia Almeida de Oliveira participando co setter “Dylan”.

Na disciplina de Springer o campión era, novamente, Juan José Canosa Vigo con “Tayson”. Destacar a participación de Esteban Lorenzo Rey en Iniciados concursando co setter de nome “Paiper”.

Este campionato provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza