O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe as catro resolucións -unha por provincia- que declaran a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril en diversas comarcas da comunidade galega.
Pódeas consultar nas seguintes ligazóns:
- RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas de Betanzos e Eume.
- RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca da Terra Chá.
- RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca de Viana.
- RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril na comarca de Deza.