A Consellería de Medio Ambiente publica hoxe no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se modifica a Resolución do 15 de maio de 2019 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2019/20.
Esta resolución modifica diversos apartados relativos á caza do xabaril, tal e como se fixo público esta semana nun comunicado de prensa da Xunta de Galicia.