A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ven de publicar hoxe no DOG dúas liñas de axudas que poden ser de interese para as sociedades de caza, unha para a adquisión de equipamento deportivo e outra para o desenvolvemento de actividades deportivas:
- RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR949A).
Descargar PDF - RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR945C).
Descargar PDF