Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting
Cebreiro García chegaba ao provincial de A Coruña de Compak Sporting nun bo estado de forma e como claro favorito para acadar o título provincial e, unha vez rematada a proba, cumprironse os pronósticos e Daniel Cebreiro García foi o gañador e claro dominar do proba.
Dito provincial, celebrado o domingo 19 de maio, estivo organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contou coa colaboración e instalación do Campo de Tiro Río Sar. Un campionato desputado a 100 pratos divididos en 4 canchas.
Con 90 platos escachados e superando en 5 pratos o resto de tiradores que formaron o podio, Daniel Cebreiro García é o novo campión provincial de A Coruña de Compak Sporting. En segunda posición da clasificación Xeral Absoluta remataba Marcos Vázquez Cabado con 85 pratos e o bronce era para Roberto Rodríguez Fernández tamén con 85 pratos.
Na categoría de Veteranos o campión era Antonio Castro Ferreiro con 82 pratos e o Senior mellor clasificado era Juan Carlos Bande López con 77 pratos.
O xoven tirador Alejandro Fernández Seco era o campión de Xuveniles con 77 pratos. David Nieto Seone e Lucas Otero Álvarez remataban na segunda e terceira posición respectivamente.
O sempre presente Ángel Mosquera Rodríguez rematando a tirada con 68 pratos era o campión da categoría Master.