II Proba Puntuable para a Copa Galicia da modalidade
O pasado domingo 19 de maio a Sociedade de Caza Altamira de Brión en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña, a Sociedade de Caza Azor de Ames e o Concello de Brión, celebrou o II Campionato Terras da Mahia, na modalidade de Cans de Rastro sobre coello.
A competición trascorreu sen imprevistos e baixo un ambente de de caza e deportividade onde os cans son os verdadeiros protagonistas. Competiron un destacado número de lotes e as condicións climatolóxicas foron ideais para a desputa desta disciplina deportiva.
O primeiro posto e despois de realizar unha prestación de altísima calidade foi para Carlos Casas Cambón co seu lote de beagles “Milord, Mirza, Nikos e Nenette des Bords du Gui” resultando tamén elexido como Mellor Can da Proba “Nikos des Bords du Gui” con 150 puntos.
O segundo clasificado foi o lote do concursante Iván Aragunde Coira e o lote propiedade de Carlos Martínez Bua acadou o bronce.