Despois dunha intensa e fructifera reunión da Xunta Directiva da FGC celebrada o pasado martes día 5 de febreiro, que se prolongou durante case 6 horas, asentáronse os pilares dos vindeiros catro anos federativos ao mesmo tempo que se analizou a actualidade cinexética e federativa.
Comenzaba a reunión coa presentación da Xunta Directiva, membro por membro, na que sete caras novas conforman un equipo de traballo cargado de experiencia, frescura e implicación federativa.
A continuación tomaba a palabra o presidente da FGC, Javier Nogueira Diz, para marcar as directrices desta nova lexislatura 2018-2022 ao fronte da FGC marcando as pautas e obxetivos a levar a cabo neste vital ciclo para o futuro cinexético galego.
Estes foron algúns dos puntos tratados e analizados pola Xunta Directiva así como a asignación de tarefas e realización de proxectos:
- Informouse da presentación de alegacións ao borrador do Reglamento de Armas facendo fincapé naquelas alegacións que son máis destacadas para o cazador galego como poden ser o uso do “pinganillo” ou a custodia das armas.
- Púxose en valor e deúselle vital importancia á Escola da Caza-Aula Virtual dando xa os primeiros pasos para a próxima convocatoria de Cursos-Online
- Analizáronse diferentes propostas e unificación de criterios aportados polas diferentes Federación Provinciais ao mesmo tempo que se programou o estudo dos Comites de Caza Provinciais para afrontar o vindeiro Comité Galego de Caza.
- Levouse a cabo a preparación de propostas de elección dos novos órganos da Federación: comisión de competición, comité de xuíces e árbitros, comisión de xuventudes e comité de disciplina deportiva.
- O presidente tamén informou a Xunta Directiva das eleccións da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA)
- E para rematar, a futura formación dun equipo de traballo forte para afrontar a chegada neste 2019 do Reglamento de Caza.
Remataba a reunión co agradecemento por parte do presidente Javier Nogueira a Xunta Electoral e Xunta Executiva no pasado proceso electoral da FGC ao tempo que facía unha mención especial a anterior Xunta Directiva polo seu esforzo e dedicación en defensa da caza e da FGC.