Dos tres representantes galegos que participaron, a pasada fin de semana do 24 de novembro, na Semifinal Norte do Campionato de España de Caza Menor con Can; o cazador pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente obtivo unha plaza para a fase final.
O L Campionato de España de Caza Menor con Perro terá lugar o vindeiro 8 de decembro na localidade albaceteña de La Roda, organizado pola Real Federación Española de Caza en colaboración coa Federación de Caza de Castela e A Mancha e a Sociedade de Cazadores La Rodense.
Noraboa ao cazador José Antonio Vasconcellos Vicente pola futura participación na fase final da proba raiña da caza en España.