A Subdirección General de Sanidad e Higiene Animal y Trazabilidad ven de informar á Xunta de Galicia de casos de mortalidade elevada en lebres por mixomatose que se teñen detectado dende finais de xullo en diferentes comunidades autónomas.
Ante esta situación téñense establecido restriccións de movementos de coellos e lebres procedentes das zonas afectadas e posto en coñecemento dos servizos veterinarios oficiais da comunidade autónoma, sendo necesario extremar as medidas de vixilancia para que ante a sospeita de animais con sintomatoloxía compatible coa mixomatose se realice a toma de mostras dos exemplares sospeitosos e se proceda a remitilos ao LASAPAGA por calquera dos sistemas que están previsto no Plan de vixilancia de Enfermidade Vírica Hemorráxica que se anexa a este correo (indicar que a mixomatoxe non é unha zoonose).