A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia publicaba no DOG do pasado mércores 11 de abril a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.
Como cada ano, as sociedades de caza que organicen competicións deportivo-cinexéticas poden optar a estas axudas nas que a contía máxima posible por beneficiario establécese en 29.999 €.