A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia ven de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, mércores 10 de xaneiro de 2018, a ORDE do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2018.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de actividades gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e convocalas para o ano 2018 (procedemento MT809B).