A Secretaría Xeral para o Deporte publicaba onte no DOG o anuncio polo que se notifica o acordo de incoación de cancelación rexistral de entidades deportivas galegas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia. As sociedades que non actualicen os seus estatutos no prazo de dous meses verán cancelado o seu rexistro.
Trala entrada en vigor, en abril de 2012 da Lei 3/2012, do Deporte de Galicia, establecíase a necesidade de que todas as sociedades inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia actualizasen os seus estatutos á nova lei, nun prazo de un ano. A Federación Galega de Caza iniciaba nese momento un proceso para facilitar a tódalas sociedades federadas os trámites necesarios para levar a cabo estas modificacións.
Non obstante, algunhas sociedades aínda non realizaron a día de hoxe os trámites oportunos, polo que a Secretaría Xeral para o Deporte ven de facer público o listado das sociedades que aínda non lle constan como adaptadas, entre as que figuran algunhas de caza:
As sociedades de caza federadas poden contactar coa FGC para realizar calquera consulta ao respecto deste anuncio. As sociedades federadas pódense adaptar sen custe algún a través da Federación, ou seguir as instruccións desta páxina para realizar a actualización dos estatutos.