A Secretaría Xeral para o Deporte inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento como DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de novembro.
Os interesados en ser recoñecidos deberán presentar:
- Modelo de solicitude cuberto con tódolos datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo deportista.
- Unha vez cuberta dita solicitude, o Presidente ou Secretario da Federación correspondente asina e sela dita solicitude.
- A Federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente expedida dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2015.
- Os interesados presentarán fotocopia de DNI
- Certificado do padrón de veciñanza administrativa
As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas , ou na:
- Escola Galega de Administración Pública, EGAP
Rúa Madrid 2-4 (2ª planta)- 15781
Santiago de Compostela