O pasado 7 de agosto desputouse en Soutomaior – Pontevedra - o Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do Clube Cazarco.
No autonómico de Percorridos de Caza con Arco participaron mais de 30 arqueiros chegados dende as diferentes provincias e sendo xuzgados polos xuíces José Ángel Veiga Martínez, Dolores Bugarín Codeseda e Jorge Figueroa Miguez.
Na categoría de Arco Asistido o primeiro posto da clasificación foi para o pontevedrés Ángel Villaverde Balado quen con 39 puntos se converteu no novo Campión Galego da especialidade. En segunda posición situouse o tamén arqueiro da provincia de Pontevedra Rafael Ángel Nieto con 31 puntos. Con 25 puntos e en terceira posición clasificouse o tamén pontevedrés Sergio Sobral Barcía.
En Arco Tradicional o primeiro posto do Campionato Galego foi para Lee Ransdale con 31 puntos. O coruñés Oscar Novas Seijas con 21 puntos e Jacobo Santore Lorenzo con 20 puntos, facíanse co segundo e terceiro posto respectivamente.
Na categoría de Damas foi Mari Carmen Novoa Varela a que con 36 puntos se convertía na nova Campiona Galega. Seguiuna a pontevedresa Iratxe Guillen Bouzas en segunda posición con 25 puntos. Compretou o podio a arqueira Marina Oliveira Amoedo con 18 puntos.
Marcos Gómez Dacosta convertíase no Campión Galego na categoría de Junior con 28 puntos. O arqueiro Jorge Figueroa Vilavoa con 22 puntos e Abel López Arias con 14 puntos, tíñanse que conformar coa segunda e terceira posición respectivamente.
En Cadetes o primeiro posto era para Rebeca Villaverde seguida de Andrés Conde.
Desputado o Campionato de Percorridos de Caza con Arco, tiña lugar a continuación, o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo no que participaron un total de 4 equipos sendo xuzgados por Jorge Figueroa Miguez, Rafael Ángel Nieto Pérez e Dolores Bugarín Codeseda. A proba desenrolouse sobre paspallás sementado e a pericia dos arqueiros fixo vibrar ao público alí presente.
Foi o equipo pontevedrés conformado polos arqueiros Jaime Villaverde e Pedro Martínez os que co seu can “Pol” conseguiron un total de 1.000 puntos converténdose nos novos Campións Galegos da especialidade. Con 500 puntos e en segunda posición situouse o equipo formado por Iratxe Guillen Marina Oliveira co seu can de nome “Sara”. Miguel Gómez e Benigno Ruiz co can “Pluma” situarónse na terceira posición.