O pasado xoves 4 de febreiro publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de emenda presentadas ao abeiro da Resolución do 5 de novembro de 2015 pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.
Os interesados poderán formular reclamacións, emendar erros e falta de documentación nun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante os respectivos servizos provinciais de deportes. Transcorrido este prazo sen que se emenden as deficiencias, considerarase que o interesado desiste da súa petición, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A listaxe pódese consultar en http://deporte.xunta.gal/index.php?idMenu=67&int1=2905&idIdioma=2