Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ESTUDO
A media de xabariles afectados pola triquina en Galicia é inferior á que se agarda en España e en Europa
5/1/2016


No pasado mes, o día 27 de novembro, presentábase na Facultade de Veterinaria de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela unha Tese sobre “A triquinose na fauna salvaxe do noroeste da península” dirixida por Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, Ana María López Beceiro e Carlos Martínez.

Para coñecer todo o relativo a esta Tese tan vinculada a actividade cinexética conversamos con Luis Eusebio Fidalgo, o cal pregunta a pregunta deu nos a coñecer este traballo tan laborioso. 

 

¿Cómo xurde esta idea sobre realizar unha tese sobre a triquinose?

Esto xurde porque víamos a necesidade de realizar un estudo deste tipo xa que en España hai poucos traballos relacionados con este tema e en Galicia había unha ausencia total de datos, e preocupábanos un pouco. Todos os anos consumimos enormes cantidades de carne de xabaril, moitos acuden a veterinarios para analizar dita carne pero noutros casos pasase por alto dito análise. É se a carne é cociñada, non hai tanto risco porque se matan as larvas da triquina. Tamén e certo que nos derradeiros anos os cazadores nos estamos acostumando a que dita carne a empreguemos para elaborar embutidos ou curar xamóns. Vimos que en Cataluña houbo casos de persoas afectadas pola triquina e a profesora López Beceiro e eu queríamos saber que pasaba aquí. Á vez Estrella Rodríguez, veterinaria con ampla experiencia no campo da sanidade dos alimentos destinados ao consumo human e con experiencia laboral no control da triquina en carnes de porcino, habíase incorporado ao noso grupo de traballo para realizar o seu doutorado; por elo pensamos que era unha excelente oportunidade de abordar un estudio deste tipo. Por outra parte a miña vinculación coa Federación Galega de Caza e a caza en si sendo eu cazador, así como o traballar ámbolos dous directores da tesis doutoral con fauna silvestre, ademáis de ter a compañeira veterinaria Estrella Rodríguez moi vencellada coa sanidade, fixo que nos decidisemos a emprender este estudo.

¿Foi un traballo complexo?

Eu creo que foi un traballo moi ambicioso e laborioso, analizamos un total de 7.974 mostras. Non so de xabaril se non de diferentes especies. É verdade que nos centramos máis no xabaril porque é o que se consume polo human e mais fácil transmisor da enfermidade as persoas. Tamén obtivemos un número moi alto de mostras de raposos e tamén un número significativo de mostras do máximo depredador galego, do lobo; que tamén fan que a enfermidade se manteña no campo.

¿Cómo se consegue unha mostraxe tan ampla e que a vez lle de un extraordinario rigor o estudo?

Foi unha cuestión de tempo, ao longo de 10 anos estivemos con este estudo e dos cales 8 foron de muestreo. Temos que destacar a inestimable e esencial colaboración da Federación Galega de Caza para levar a cabo este traballo, así como as sociedades de caza federadas e centros de recuperación de fauna silvestre dependentes da Consellería. A inmensa maioría de mostras foron recadadas a través dos cazadores por accións cordinadas pola Federación Galega de Caza, dita Federación foi, por decilo dalgún xeito, “parte deste traballo”, sendo un colaborador extraordinario.


Resumir unha tese de tantos anos de traballo en poucas liñas e case imposible, ¿Pero que pinceladas nos podes dar Luis Eusebio?

Quero deixar moi claro que ao facer un resumo e sendo tan breve podemos caer en imprecisións. O que si podemos adiantar e que a media de xabariles afectados pola triquina en Galicia é inferior a que se agarda en España e en Europa. En Galicia falamos dun 0,04%, é unha tasa lixeiramente inferior a de España, que se agarda que sexa do 0,2%. Non son datos preocupantes pero o que si e moi a ter en conta e que todos os xabariles afectados aparecen na provincia de Ourense, e precisamente é esta a provincia menos muestreada, aquí non houbo unha colaboración tan estreita como houbo nas outras provincias. Por iso esto si que nos preocupa… a provincia que menos muestreamos e a que ten os casos de xabariles afectados. Nas outras provincias non atopamos ningún positivo e eso que analizamos 6.400 mostras de xabaril e 1.200 de zorros. No caso do raposo si que aparece algún positivo salpicado en todas as provincias pero na de Ourense, na que so poidemos muestrear 63 raposos, é tamén precisamente, como é loxico, nas mismas zonas nas que apareceron os casos de xabaril tamén atopamos que 2 deses 63 raposos muestreados estaban afectados. O que temos que ter presente é que en Galicia existe o ciclo da triquina silvestre e polo tanto pode haber animales afectados pero trasmitimos a mensaxe de tranquilidade de que o porcentaxe de xabariles é moi baixo. Aqueles que vaian consumir a carne sin ser cociñada é absolutamente necesario que acudan aos servicios veterinarios a analizar dita carne, porque as consecuencias son malas para o enfermo.

O que vemos é que Ourense precisaría un estudo máis profundo porque tal e como comentaba o presidente do tribunal que xuzgou esta tese, o doutor Santiago Lavín González que viña da Universidade Autónoma de Barcelona, a situación de Ourense e semellante a de Cataluña fai 10 anos cando comenzaban eses primeiros casos e que na actualidade desembocou nunha denuncia de Bruselas por verse afectado un grupo de persoas, polo que polo menos Ourense mereceríase un estudo máis profundo antes de ter que tomar algun tipo de decisión en caso de ter que facelo; e si é unha falsa alarma pois mellor.

¿Qué efectos ten a carne infectada de triquina no ser humano?

As larvas inxérense no corpo human polo consumo de carne infectada, liberándose no estómago e pasando ao intestino, producíndonos molestias intestinales e diarreas, mentras se desenrolan e multiplican. Canto máis profunda é esa tasa parasitaría máis acusadas son esas dolencias. Posteriormente esas larvas atravesan as paredes intestinales e distribúense polo corpo a través do sangue aparecendo quistes no sistema muscular coas molestias que producen nos músculos, dolores e incapacidades. Cando son infectacións masivas e se retrasa o diagnóstico, ou o enfermo sufre outras patoloxías, pode desembocar na morte.

Ao abatir ou eviscerar un xabaril, ¿Podemos atisbar a presenza de triquina a simple vista?

Non, nos non vamos ser capaces de ver a simple vista ningún dano nin parasitación no xabaril xa que son lesións microscopias e ademáis o animal portador cando nos o vexamos no transcurso da batida ou antes de abatilo non seremos quen de notarlle nada extrano.

No caso de querer analizar un exemplar, ¿Cal será o mellor tecido a extraer?

Pois o músculo do diafragma e a mostra máis axeitada, tamén os musculos maseteros, a lingua ou a musculatura distal das extremidades. A mellor é a do diafragma e sempre tentaremos levarlla ao veterinario nas mellores condicións hixénicas e en boa cantidade, de 70 a 100 gramos, porque así facilitaremos o traballo dos veterinarios.

Esa ampla mostraxe realizada, lembremos que son casi 8.000 exemplares, ¿Aportaron outros datos de interese aparte da triquina?

Tamén quixemos ver que especie podería ser centinela para monotorizar esta enfermidade no campo. A nosa hipótese de traballo decíanos que o lobo e o zorro poderían ser uns bos centinelas para seguir a enfermidade xa que a porcentaxe de afectados por esta efermidade sería superior nestes dous carnívoros por estar na cúspide da pirámide. E a conclusión a que chegamos é que o raposo nos pode valer moi ben como modelo para seguir a enfermidade.

Por outra parte, anque o porcentaxe de xabariles con triquina é baixo, vimos que en Galicia existe o ciclo silvestre da enfermidade, implicando algúns xabariles que poden ser consumidos polas persoas ocasionando a enfermidade, por elo debemos insistir na necesidade de analizar a carne de xabaril antes de consumila. 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza