Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MUNICIÓN CHUMBO
A FGC considera precipitada a posible modificación da lei de Caza de Galicia para prohibir a munición de chumbo
23/6/2015

Ante as informacións que veñen de publicarse na prensa xeralista sobre a admisión a trámite dunha proposta do grupo político BNG para modificar a recente Lei de Caza de Galicia co fin de prohibir o uso da munición de chumbo en todo o territorio galego, a Federación Galega de Caza quere realizar as seguintes declaracións.

En primeiro lugar, a FGC considera que non ten sentido modificar unha lei que apenas leva un ano en vigor e que, de feito, nin sequera conta aínda co seu correspondente regulamento, que concrete e ordene moitos dos puntos deste texto.

En segundo lugar, a promotora desta iniciativa, a deputada do BNG Ana Pontón, fai referencia a que este tipo de munición afecta especialmente ás aves acuáticas, cando precisamente é nos humedais onde esta munición está expresamente prohibida pola Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad, o que mitigou en gran medida a intoxicación destas aves, das que os humedais son o hábitat mais común. Ademais, a Resolución do 10 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, xa estableceu a listaxe de zonas húmidas de Galicia en que está prohibida a tenza e o uso de munición que conteña perdigóns de chumbo durante o exercicio da caza.

En terceiro lugar, esta medida sería única en todo o territorio español –onde nin sequera se chegou a formular esta posibilidade-, o que implicaría unha desigualdade totalmente contraproducente para o cazador e as sociedades de caza galegas así como para o crecente sector do turismo cinexético en Galicia. En caso de tomarse esta medida, debería emanar do goberno central e non do autonómico, para manter a igualdade entre territorios e cazadores de todo o país e unha consonancia xurídica co resto dos países da Unión Europea, onde maioritariamente non está recollida esta prohibición. De feito, países como Noruega ou Finlandia, pioneiros en prohibir a munición de chumbo, derogaron recentemente a lei que prohibía o uso da munición de chumbo fora dos humedais.

Finalmente, temos que aclarar que non é certo que dentro de tres anos sexa obrigatorio substituír o chumbo das municións no territorio do Estado Español, como tamén afirmou no Parlamento a deputada socialista Patricia Vilán.

A Federación Galega de Caza e UNITEGA, que se adhire a este comunicado, opóñense frontalmente a esta forma de actuar, sen consenso e sen datos de rigor que xustifiquen tal medida, radical e irracional, dende o noso punto de vista.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

LOBO
03/12/2024
O Consello de Berna acepta a reducción do estatus de protección do lobo en Europa

LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
23/10/2024
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025

MODIFICACIÓN VEDAS
14/08/2024
Información sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza