O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe os decretos para nomear a Ethel Vázquez Mourelle como nova Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; en substitución de Agustín Hernández.
Nacida en Santiago de Compostela hai 41 anos, Ethel Vázquez Mourelle, é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña e desde setembro de 2010 directora da Axencia Galega de Infraestruturas (antes Dirección Xeral de Infraestruturas). Con anterioridade foi presidenta de Augas de Galicia e da EPOSH (maio 2009 – setembro 2010), organismo no que traballou desde o ano 2003.
A nova Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tomará posesión do cargo mañá mércores, 18 de xuño, ás 9 horas no Pazo de Raxoi.
Fonte: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas