Logo da xuntanza mantida o día 12 de maio de 2014 polo Presidente da Federación de Caza de Pontevedra D. Francisco Couselo e o secretario da mesma D. Alejandro Lorenzo xunto co Excmo. Sr. alcalde do concello de Cotobade D. Jorge Cubela; a Federación de Caza de Pontevedra está en disposición de confirmar que Galicia contará cunhas novas instalacións para a práctica do tiro deportivo. Concretamente cunha cancha de 300 mts. onde os cazadores de maior poderán calibrar as súas armas e as súas ópticas con todalas medidas legais e de seguridade.
Segundo o alcalde D. Jorge Cubela, o proxecto que inicialmente presentóu algunas dificultades, continúa agora coordinado por un equipo multidisciplinar do que forman parte un equipo de arquitectos, o prestixioso gabinete xurídico Garrigues e a Universidade de Vigo.
Se prevee que os permisos estarán listos este verán. Está previsto acoller ata 6 modalidades de tiro diferentes nas que destacan como máis importantes para o colectivo dos cazadores, os percorridos de caza e as modalidades de tiro con fusil a 300 mts., onde os cazadores poderán poñer a punto as súas armas. As modalidades de precisión manteranse nas actuales instalacións de Cernadiñas Novas.