A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ven de convocar as axudas a clubes e agrupacións deportivas, que son solicitables polas sociedades de caza, polo que a continuación lle axuntamos a información facilitada pola propia Secretaria para o seu trámite.
- Guía Básica Solicitudes 2014 (resumo da convocatoria)
- Texto completo da convocatoria (DOG do 15.04.2014)
- Solicitude (cubrir unicamente o Anexo II)
Ao premer en "Solicitude" aparecerán 2 posibilidades de presentación:
De modo presencial/tradicional (en papel) --> En "Presencial" prema en "Modelo de Solicitude" --> Cubra e imprima unicamente o Anexo II --> Entrégueo nos Servizos Provinciais de Deportes co resto de documentación requirida.
De modo electrónico --> en "Tramitación en liña" prema en "Iniciar presentación electrónica na sede" (será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia).
- Acreditación da representación legal da persoa que, na solicitude, figura como representante da entidade
- Darse de alta como xestor externo na Plataforma de Xestión de Plans, Programas, Actividades e Eventos de Galicia Saudable
- Darse de alta como xestor externo na Plataforma Galicia Activa (na páxina de presentación de ‘galiciactiva’ premer en “Xestiona o teu espazo” e cubrir os datos solicitados). As entidades que xa se deran de alta con anterioridade non fai falta que soliciten unha nova alta como xestor externo
Nota: nas dúas plataforma anteriores só se requirirá estar dado de alta; a confirmación de estar de alta recibirase vía e-mail á maior brevidade posible.
Para mais información:
- Servizo Provincial de Deportes da Coruña: 981 132 443 (Fax: 981 132 527)
- Servizo Provincial de Deportes de Lugo: 982 294 564 (Fax: 982 294 565)
- Servizo Provincial de Deportes de Ourense: 988 386 050 (Fax: 988 386 051)
- Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra
(Sección de Promoción Deportiva de Vigo): 886 218 281 (Fax: 986 803 924)