Na mañá do pasado venres día 21 de marzo, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Orde de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a vindeira tempada de caza.
Dito Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos, entre os que se atopaban os catro presidentes provincias da Federación Galega de Caza, todos eles encabezados polo seu presidente, Javier Nogueira Diz. Diferentes asociacións de caza e representantes das administracións provinciais e autonómica tamén estiveron presentes, todos eles baixo a presidencia de Verónica Tellado Barcia, Directora Xeral de Conservación da Natureza.
No transcurso da reunión, analizáronse as propostas dos catro comités provinciais para establecer a normativa que regule os períodos hábiles e as especies que serán obxecto de caza na vindeira tempada. Dende a FGC tentouse dar solución as incomodidades que puido xerar a pasada orde de vedas e así corrixilas para esta tempada 2014-2015. Como dato significativo mencionar o pleno acordo para que o arranque da tempada xeral de caza en Galicia de comezo o vindeiro 19 de outubro e remate, como ben sendo habitual, o 6 de xaneiro, día de reis.
Quedando todo emprazado a que sexa o Conselleiro do Medio Ambiente e Infraestruturas o que fixe, ca publicación da Orde de Vedas, as regras que suxeitaran a práctica cinexética na nosa comunidade.