A alta participación foi a nota predominante na asemblea de votacións
O pasado sábado 6 de xullo celebrábase no Pazo da Cultura de Pontevedra a asemblea de votacións para a elección á presidencia da Federación Galega de Caza en Pontevedra.
Unha asemblea moi numerosa con preto dunha centea de asembleístas que elixiron, por maioría absoluta, a candidatura de Francisco Couselo Castiñeira fronte as candidaturas presentadas por Manuel Martínez Casal e Sinesio Soto Fernández.
O proceso de votacións desenrolouse baixo a máis estrita legalidade e os candidatos destacaron a alta participación na mesma, un síntoma inequívoco do interese que os cazadores pontevedreses teñen polo futuro da súa Federación.
O proceso electoral á FGC de Pontevedra segue o seu curso, estando previsto o seu remate o vindeiro venres día 19 co traspaso de poderes entre o presidente saínte e o entrante.