Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUNTANZA
O presidente da FGC asiste o Consello Forestal de Galicia
28/5/2013

O consello tivo lugar na mañá de onte día 27 de maio

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, presidiu onte a reunión do Consello Forestal, na que se trataron, entre outros temas, a presentación do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2013). O Consello Forestal de Galicia é un órgano consultivo e asesor da Administración Forestal no que están representados, ademais da Xunta, produtores, industria forestal, Fegamp e diferentes organizacións vinculadas, entre as que se atopa a Federación Galega de Caza, representada neste consello polo seu presidente Javier Nogueira Diz.

O Pladiga 2013 deste ano presenta unha continuidade, nas súas liñas xerais, con respecto ás últimas campañas anti-incendios, sendo tanto os medios humanos coma os materiais moi semellantes aos empregados en anos anteriores.

Entre as principais novidades, este ano destaca a clara aposta do departamento autonómico en materia de colaboración con outras entidades e administracións, co obxectivo de aumentar a prevención e defensa nos nosos montes partindo da eliminación dos riscos que poden ser orixe dos lumes e da súa propagación, neste senso o plan recolle o convenio de colaboración asinado, o pasado 4 de marzo, coa Federación Galega de Caza para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante accións preventivas sobre a poboación e sobre o territorio, así como de vixilancia preventiva, detección, disuasión e investigación no marco do PLADIGA, en liñas xerais ao acordo de colaboración ten por finalidade divulgar e concienciar do risco dos lumes entre os cazadores e as sociedades de caza, e a colaboración do colectivo cinexético cos servizos de prevención e extinción de incendios forestais.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

LOBO
03/12/2024
O Consello de Berna acepta a reducción do estatus de protección do lobo en Europa

LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
23/10/2024
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025

MODIFICACIÓN VEDAS
14/08/2024
Información sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza