Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PORTOMARÍN
XVII Festa da Caza de Lugo
28/5/2013

Os montes de Portomarín acolleron as diferentes modalidades competitivas

O pasado domingo día 26 de maio Portomarín acolleu, un ano máis, a decimosétima edición da Festa da Caza de Lugo. Unha xornada cargada de actividades cinexéticas de competición na que se deron cita preto de 350 cazadores, todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza en Lugo.

O Monte do Cristo e o Monte Castelo, foron os escearios da celebración das modalidades de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, Percorridos de Caza, Cans de Parada e Caza San Huberto.

Na modalidade de Rastro de Xabaril participaron un total de 34 monteiros con 39 cans, sendo xulgados polos xuíces Santiago Vigo Casavella e Manuel J. Vázquez Mosquera. O monteiro chegado de A Coruña, Francisco Rodeiro Eiras, acadaba o primeiro posto da proba co can “Cho” é un total de 212,5 puntos. Na segunda posición remataba o lucense Iván Fernández Pereira con “Ture” e 210 puntos, converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da modalidade. En terceira posición situábase, de novo, Rodeiro Eiras con “Lira” e 208 puntos.

A representación da provincia de Lugo para o vindeiro campionato galego da modalidade quedou composta por: Iván Fernández Pereira, Luis Otero Alonso, Juan Fernández Vecino, Iván Fernández Fernández, Santiago Varela Fontao, Alejandro Río Campos, Albano Pérez Labayen, Jorge Cid Salgado e José M. Fernández Fernández.

En Percorridos de Caza déronse cita un total de  40  participantes, que sendo xulgados polos árbitros Leonardo García Otero, César Tosar González, José Antonio García Blanco e José Antonio Carrera Rodríguez, tentaron derribar o maior número de pratos aos 100 que se enfrontou cada tirador.

O campión da proba foi o tirador coruñés Antonio Iglesias Otero ao escachar un total de 90 pratos. Con 85 pratos derribados, o tirador tamén chegado de A Coruña, Juan Carou Rey, adxudicábase a segunda posición. Francisco Javier Rivero Martínez de Pontevedra subía o terceiro caixón do podio con 84 pratos. No quinto posto da clasificación xeral, situábase o tirador participante por Lugo Martín Baqueiro Villafines con 82 pratos escachados sendo deste xeito o novo Campión Provincial da modalidade.

Na categoría de Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso Barro con 79 pratos esnaquizados. En superveteranos impoñíase o tirador chegado de A Coruña Ángel Mosquera Rodríguez. En veteranos o primeiro posto era para José González Yáñez cun total de 81 pratos derribados. Belina García Currás, en Donas, acadaba o primeiro posto con 56 pratos.

Martín Baqueiro Villafines, Mario González Yáñez, José González Yáñez, Manuel Villar Arroyo, Artemio Formoso Barro, Vicente Insua López, Constantino Vilar Rodríguez, José Mª González Rodríguez, Juan Carlos Bande López, Marcos Vázquez Cabado, Miguel López Iglesias, Constantino Rodríguez Pérez e Belina García Currás conforman a selección lucense para o vindeiro Campionato Galego da Modalidade.

Na modalidade de Cans de Mostra participaron un total de 30 cans, repartidos en 27 de razas Británicas e 3 de razas continentais. Sendo xulgados polos xuíces Antonio González Álvarez e Xosé Ángel Seco Alvite.

Na categoría de razas Continentais non houbo ningún clasificado, namentres que en razas Británicas o primeiro clasificado foi Edelmiro Leira Pérez con “Verdi de Cumbraos” (SIM) con 1º EXC. O segundo posto foi para “Alba de Torres da Varela” (PF) propiedade de Carlos Lalín Ferreiroa acadando un 2ºEXC. O terceiro foi para Javier Álvarez de Santamarina con “Xerife dos Potinhos” (SIM) cunha calificación de 3ºEXC.

En San Huberto, na súa fase provincial, participaron un total de 10 cazadores xulgados por Antonio Vázquez Díaz, Alonso López Fernández e Juan Álvaro Rodríguez Pereira.

O primeiro posto e polo tanto proclamándose Campión Provincial foi para José Ignacio Pérez co can “Zar” e un total de 71 puntos. O subcampionato recaeu en José María Carnota Ríos con “Bratón de la Lluxina” e 58 puntos. Cunha puntuación de 54 puntos remataba en terceira posición a cazadora Ana Isabel Arbiol Ledesma con “Breta de Cumbraos”.

Jose Ignacio Pérez Pérez, José María Carnota Ríos, Jesús Vázquez Sánchez, Eduardo Blanco Mejuto, Jorge Fernández Dobarganes e Ana Isabel Arbiol Ledesma compoñen a selección lucense que representara a dita provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza