Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
LEI MONTES
A ONC presenta as alegacións para mellorar a Lei de Montes estatal
20/5/2013

A Oficina Nacional de la Caza (ONC), tras amosar a súa satisfacción polo texto actual da modificación da Lei de Montes nacional, que podería solucionar o problema dos danos á agricultura e os accidentes de tráfico causados pola fauna cinexética, ven de presentar as súas alegacións ao borrador do mesmo ante o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (MAGRAMA).

Entre os temas que afectan ao mundo cinexético, a ONC amosouse crítica especialmente co desenrolo da multilicenza, pois considera que a proposta actual do texto non ven a cumprir coa demanda real dos cazadores españois de contar cunha única licenza de caza.

Ao respecto dos sinistros de tráfico, a ONC está satisfeita cos dous borradores da Lei de Montes que manexa o Ministerio, dado que en ambos casos o titular do terreo de caza queda exento de responsabilidade dos mesmos salvo que se produzan como consecuencia dunha acción de caza colectiva levada a cabo o mesmo dia do sinistro.

En canto aos danos na agricultura producidos pola fauna cinexética, a satisfacción co texto tamén é importante, dado que para facer responsable dos mesmos aos titulares dos cotos de caza sería necesario o incumprimento do plan técnico de aproveitamento.

Todas as alegacións foron froito das achegas das entidades integradas na ONC ao longo dos últimos anos, e sobre todo das sete federacións autonómicas de caza incorporadas recentemente, entre as que se atopa a Federación Galega de Caza, xunto con Aragón, Castela A Mancha, Castela e León, Cataluña e Navarra.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

LOBO
03/12/2024
O Consello de Berna acepta a reducción do estatus de protección do lobo en Europa

LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
23/10/2024
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025

MODIFICACIÓN VEDAS
14/08/2024
Información sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza