Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TEMPADA 2013/2014
Xuntanza do Comité Galego de Caza
15/5/2013

No serán de onte día 14 de maio, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Orde de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a inminente tempada de caza.

Dito Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos, entre os que se atopaban os catro presidentes provincias da Federación Galega de Caza, todos eles encabezados polo seu presidente, Javier Nogueira Diz. Diferentes asociacións de caza e representantes das administracións provinciais e autonómica tamén estiveron presentes, todos eles baixo a presidencia de Ricardo García Borregón Millán, Director Xeral de Conservación da Natureza.

No transcurso da reunión, analizáronse as propostas dos catro comités provinciais para establecer a normativa que regule os períodos hábiles e as especies que serán obxecto de caza na vindeira tempada. Como posibles datas e períodos hábiles de caza, destacar o comezo, o vindeiro 17 de agosto dos ganchos ao xabaril e o 25 de agosto os de corzo, a tempada de caza xeral terá a súa apertura o 20 de outubro para rematar, como en anos anteriores, o 6 de xaneiro. A data dos derradeiros  ganchos ao xabaril e raposo, así como a ampliación da caza de arcea, rematarán o 9 de febreiro do 2014.

Quedando todo emprazado a que sexa o Conselleiro do Medio Ambiente e Infraestruturas o que fixe, ca publicación da Orde de Vedas, as regras que suxeitaran a práctica cinexética na nosa comunidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
23/10/2024
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025

MODIFICACIÓN VEDAS
14/08/2024
Información sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza