Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
BORRADOR LEI MONTES
Cautela ante posibles boas novas para o sector cinexético
13/3/2013

A Federación Galega de Caza, fai escasos intres, acaba de ter acceso ao borrador da Lei de Montes elaborado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Neste bocexo da nova Lei de Montes fai se eco de novas moi destacadas e esencias para a viabilidade e mellora da actividade cinexética tanto a nivel nacional como autonómico. Entre ditas achegas destacar a posible modificación da Lei de Tráfico en relación cos sinistros nas estradas provocados por especies cinexéticos cuxa responsabilidade tan so sería imputada ao titular do terreo no caso de unha acción directa de caza colectiva realizada ese mesmo día.

Este borrador tamén fai mención a unha Multilicencia e aos danos na agricultura provocados por especies cinexéticas no que o titular do terreo cinexético segue sendo o responsable pero so no caso do incumprimento do Plan Técnico, co engadido da aparición de novos responsables, como a Administración, para terreos libres.

A Federación Galega de Caza, conxuntamente con outras Federacións Autonómicas de Caza e diferentes órganos e entidades de representación do sector cinexético traballarán con firmeza para que estas e outras novas achegas se fagan realidade nun futuro próximo en prol dunha actividade cinexética viable e mellor para os cazadores e sociedades de caza.

A FGC tamén quere ser prudente xa que, apesares de seren boas novas, tan so é un borrador, e dicir, un primeiro paso ante a futura aprobación de dita Lei de Montes.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

LOBO
03/12/2024
O Consello de Berna acepta a reducción do estatus de protección do lobo en Europa

LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
23/10/2024
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025

MODIFICACIÓN VEDAS
14/08/2024
Información sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza