Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
REXISTRO DEPORTES
Soamente poderán estar federadas as sociedades de cazadores que se atopen inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas
14/2/2013

Ante a información nesgada que están a recibir algunhas sociedades de caza, por parte de empresas e outros particulares, a Federación Galega de Caza informa que soamente poderán estar federadas as sociedades de cazadores que se atopen inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte, requisito establecido pola propia Lei do Deporte de Galicia.

Existen outras opcións para a inscrición de sociedades, pero estas non gozarían das vantaxes de estar federadas, entroutras moitas, cabe sinalar:

  • Asesoramento xurídico.
  • Asesoramento administrativa e contable.
  • Clube Exclusivo para cazadores federados con descontos especiais en psicotécnicos, armerías, veterinarios, pensos, hoteis, etc.
  • Licencias para uso de emisoras de radiofrecuencia.
  • Ampla oferta en Seguros de Responsabilidade Civil dos Tecor, con incorporación de novas entidades aseguradoras.
  • Revista Galicia Cinexética gratuíta, tódolos meses.
  • Revista Federcaza gratuíta, tódolos meses.
  • Trámite de Licencias de Caza para tódalas CCAA.
  • Axuda económica por federados.
  • Elector e elixible para os órganos de goberno e representación da federación.

En canto á  responsabilidade dos directivos e socios das sociedades, estas son idénticas,  independentemente do rexistro no que estean inscritas, e independentemente de se son federadas ou non.

E por último, lembrar que a nova Lei do Deporte, á que as sociedades deben adapta-los seus estatutos antes do vindeiro 14 de abril, no fondo apenas modifica os estatutos que teñen a meirande parte das sociedades federadas. Estas sociedades poden dirixirse a calquera das oficinas federativas onde, de xeito gratuíto, ademais de facilitárlle-los modelos oficiais cumprimentaráselle a documentación que posteriormente revisará a Asesoría Xurídica da Federación.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

LOBO
03/12/2024
O Consello de Berna acepta a reducción do estatus de protección do lobo en Europa

LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
23/10/2024
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025

MODIFICACIÓN VEDAS
14/08/2024
Información sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza