A Deputación Provincial de Ourense ven de publicar no seu boletín provincial, do pasado 2 de febreiro, as Bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para as Copas Deputación 2013.
O obxecto destas bases é a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación Provincial de Ourense para a tramitación e concesión de subvencións destinadas a desenvolver, prioritariamente, nunha ou varias xornadas, competicións deportivas que baixo a denominación de Copas Deputación se desenvolvan na provincia de Ourense durante esta tempada deportiva 2012-2013.
Poderán ser beneficiarios deste programa tanto as Federacións deportivas galegas, a través das súas respectivas delegacións na provincia de Ourense, como o resto de entidades deportivas da provincia de Ourense que presenten a documentación correspondente antes do vindeiro 3 de marzo.
Para máis información, pode descargar aquí mesmo o documento completo destas bases: