Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SOLICITASE NOVA REDACCIÓN
Ver alegacións" /> O regulamento de armas recibe ráfagas de alegacións
18/1/2011

O borrador do regulamento de armas, dado a coñecer polo Ministerio do Interior o pasado mes de decembro, recibiu multitude de alegacións dos diferentes colectivos que se verán afectados pola sua aplicación.

A Federación Galega de Caza tamén estudou o mencionado regulamento e as súas aportacións trasladáronse á RFEC, para que xunto coas das demáis federacións autonómicas formaran parte do documento xeral que se enviou ao Ministerio. Dende a FGC fíxose especial énfase naqueles asuntos que afectaban de xeito directo aos cazadores, xa fose polas novas esixencias do mencionado texto, ou pola redacción ambígua dalgún dos seus artigos, que afondaría na inseguridade xurídica dos cazadores, ante a interpretación da norma que poideran facer as diferentes autoridades e axentes.

Así, propúxose unha nova redacción de varios artigos, que afectan a diversos temas entre os que destacan:

- As armas semiautomáticas, das que a prohibición de conter máis de tres cartuchos xa está vixente na actualidade, no novo borrador engádese que se prohíben os cargadores extraíbles, ou aqueles que poidan ser modificados con ferramentas normais. Debe sinalarse que os rifles semiautomáticos teñen case todos o cargador extraíble, polo que de feito quedarían invalidados para cazar. En canto á inclusión dun concepto indeterminado “ferramentas normais”, o que fará é crear unha indefensión ante ese concepto impreciso. Compártese que o número de tres cartuchos é correcto, polo tanto a sanción debe ser para quen utilice maior número de estos e non presumir culpabilidade en función dun posible uso de ferramentas.

- Noutro dos seus artigos prohíbese o emprego de armas mentres se estén a usar auriculares. Na práctica da caza maior están autorizadas emisoras de radiofrecuencia para comunicarse entre os distintos cazadores. Vense demostrando que nos montes con moito matorral constitúen unha medida de seguridade moi eficaz. Polo tanto solicitouse que se exceptúe de esa prohibición o uso de monoauriculares para emisoras autorizadas na caza.

- En canto á renovación de licencias, o novo texto prevé que o titular non poida ter inscricicións nos rexistros administrativos. Solicítase que esas inscricións non poidan ser consecuencia de meras denuncias sen confirmación penal ou administrativa, senón tras unha condena por determinados delitos.

- Solicítase igualmente que se modifique, para simplificalo, o trámite da revista de armas, baseado sobre todo nos desprazamentos que son necesarioso con tódalas armas aos cuarteis onde se realiza esa dilixencia, e que cada vez son menos.

- Outro artigo do que se entendeu necesaria a sua modificación é o relacionado coa custodia das armas. A sua redacción inconcreta fai posible que durante os traslados en coches ás zonas de caza, poidera ser un feito sancionable o que un cazador nunha estación de servizo, no aparcamento dun restaurante, etc. deixe a sua arma na maleta do coche pechado e de forma non visible en tanto fai os trámites necesarios nesas breves xestións.

As alegacións foron moi numerosas, e agora cabe agardar a sua discusión e integración no texto definitivo, para un mellor Regulamento de Armas, que vele de xeito efectivo pola seguridad cidadá, sen impoñer condicións que xeneren quebrantos innecesarios, nin unha sensación de inseguridade xurídica para os usuarios das armas.

Ver documento das alegacións presentadas

Ver borrador do novo regulamento de armas

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
23/10/2024
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido

ORDE DE VEDAS 24/25
02/10/2024
Modificacións da Orde de Vedas 2024/2025

MODIFICACIÓN VEDAS
14/08/2024
Información sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza