O pasado sábado 19 de setembro desputouse unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello no Tecor Urogallo de Ferrol, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.
Na proba participaron un total de 11 lotes e onde a alta densidade de coellos presentes nos campos foi a nota destacada. Moitos levantes e persecución proporcionaron o disfrute de cans e participantes ao mesmo tempo que facían máis complexa a actuación dos xuíces.
Foi o lote propiedade de Carlos Casas Cambón o que acadaba o título provincial co seu lote de beagles “Eros, Era, Luna e Sam” ao obter nada menos que 582 puntos. O subcampionato recaía en Domingo Antonio Lista Blanco co lote composto por “Perla, Kira, Rambo e Chita” con 520 puntos. E o terceiro posto era para José Luis Martínez Callo con “Erful, Ecu, Eva e Ena” con 517.
A cadela beagle de nome “Perla” propiedade do subcampión Domingo Antonio Lista Blanco foi nomeado como Mellor Can da proba con 154 puntos.
Estes tres primeiros lotes clasificados representarán á provincia de A Coruña no vindeiro Campionato Galego da especialidade.