IMPORTANTE
Nos estatutos debe cumprimentarse o artigo 5 cos requisitos que deberán reunir os socios da sociedade. A estes efectos as sociedades poden utilizar o “modelo requisitos artigo 5 estatutos” que figura nesta sección, no que atoparán exemplos das condicións máis comúns que deben reunir os socios. Recoméndase tamén ás sociedades que antes de someter os Estatutos á aprobación da asemblea, se remita copia á FGC para a súa revisión por parte dos servizos xurídicos.
INCOMPATIBILIDADES DE CARGOS DIRECTIVOS
Recordar que o artigo 46.3 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia, establece respecto aos cargos directivas das entidades deportivas que unha mesma persoa non poderá formar parte de máis dunha xunta directiva de clubs distintos que compitan ou teñan intereses en idéntica modalidade deportiva. |