Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
Xunta e sindicatos discrepan sobre o control do censo
Xunta e sindicatos discrepan sobre a efectividade das medidas de control do censo de xabarís aplicados pola Administración. Así, mentres o Goberno galego asegura autorizar no último ano case 13.000 batidas, con 10.000 exemplares abatidos, e resalta que triplicou esas actividades cinexéticas nos últimos seis anos, desde os sindicatos crese que as batidas son insuficientes e que a Xunta debería autorizar de forma máis áxil medidas extraordinarias de caza, ás 24 ou 48 horas dunha incursión de xabarís.
| · 21/8/2011
O secretario de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias (UU.AA)., Jacobo Feijoo, resalta que nos plans de xestión dos tecores exponse a caza como deporte do xabaril, «pero nos meses de veda é insuficiente porque os cupos da especie non están ben calculados, ten que darse tamén unha caza de control de danos».

Desde UU.AA. tamén se asegura, en relación ás indemnizacións, que as últimas axudas que pagou a Xunta foron parte das da campaña do 2009 e que non hai orzamento para as deste ano, xa que os fondos só cubrirán os danos do lobo.

Xóvenes Agricultores (XX.AA.) tamén avoga por facer un control e seguimento das cotas de capturas autorizado e por dar o visto e prace a máis batidas, no marco dun plan de contención do xabaril. O secretario xeral técnico de XX.AA., Juan Pérez Orozco, tamén defende que os seguros agrarios incorporen unha liña especial de protección dos danos causados polo xabaril. Segundo explicou, ese é un dos aspectos que sindicato e Goberno galego abordaron en recentes reunións. Desde XX.AA. tamén apoian outras actuacións como as rozas en leiras e as mallas e pastores eléctricos para protexer os cultivos.

Pola súa banda, desde o Sindicato Labrego Galego (SLG) asegúrase que as incursións do xabaril están a converterse nun problema «de orde social» ao ameazar a subsistencia das explotacións. O secretario de Sectores Gandeiros do SLG, Adolfo Cabarcos, culpa á Xunta de non impedir a forestación de terras agrarias, «que usurpa a base territorial das explotacións e aumenta o hábitat da fauna salvaxe».

Xunta e sindicatos si coinciden en apreciar que para liquidar o problema do xabaril é necesaria a colaboración dos tecores e en instar os gandeiros a que denuncien sempre os danos.


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza