Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
A Deputación executa un proxecto para reducir os danos nos cultivos
A Deputación de Lugo está a levar a cabo unha experiencia pioneira para tratar de reducir os danos causados polo xabaril nas colleitas. Consiste en seméntaa de cereal-millo e trigo- en leiras afastadas, cedidas por comuneiros ou particulares, para atraer ao animal e afastalo das parcelas veciñais, ademais de evitar que invada as estradas.
| · 21/8/2011
A experiencia piloto arrincou no ano 2009 en varias leiras, que suman unha superficie de once hectáreas, no tecor da Fonsagrada. Segundo o organismo provincial, lográronse reducir nun 70 por cento os danos do xabaril nos cultivos.

Tras os bos resultados obtidos, fai un par de meses o goberno provincial anunciou a aplicación desta mesma medida noutros catro concellos lucenses nas que son frecuentes as incursións do xabaril: Castroverde, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna.

Neste caso, a superficie de terreo na que se está sementando o cereal é de 28 hectáreas, coa previsión de que nunha primeira fase do proxecto os danos causados por esta especie salvaxe nos cultivos redúzanse nun 40 por cento.

Aplicación nos viñedos

Ante o éxito desta iniciativa, desde a Deputación de Lugo está a barallarse aplicar esta técnica a en zonas produtoras de viño, na Ribeira Sacra, na que os veciños se queixan dos danos que o xabaril causa nas súas vides.

Segundo indicaron desde a institución provincial, o tecor de Quiroga xa solicitou a colaboración do Inludes para atallar un problema que, segundo os produtores vitivinícolas, está a causar xa importantes perdas económicas.


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza