Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
Jaime González gaña o Provincial de caza menor con can
Jaime González Yáñez proclamouse campión provincial de caza menor con can, ao cobrar dúas perdices e sumar 1.020 puntos. O tirador, que formou equipo coa cadela Dida, pertence á sociedade de cazadores Santa María Alta de Lugo.
| · 7/11/2010
A segunda praza neste Provincial correspondeulle a José Enrique Sánchez Vázquez, da sociedade Castro de parada de Samos, con Fa, que tamén sumou 1.020 puntos. A terceira praza foi para Cristian Fernández Abuín, da Sociedade Soñar, con Zara, que fixo 900 puntos. Antonio Vázquez Díaz, da agrupación Santa Bbárbara de Láncara, con Aza, logrou o cuarto posto con 510 puntos. Jesús Blanco Pardes, da sociedade San Xorxe de Palas, con Ato de Castrocán, ocupou a quinta posición coa mesma puntuación que o anterior, do mesmo xeito que Daniel López Rodríguez, da sociedade Beiramiño do Corgo, que cazou con Trisca.

Campionato galego
Os cinco primeiros clasificados representarán a Lugo o próximo día 27 de noviembreen o campionato galego.

A competición provincial disputouse en terreos da sociedade de caza A Xesteira, de Sarria, e contou coa presenza de 16 cazadores, acompañados dos seus respectivos xuíces. O comezo da proba atrasouse pola néboa, que cubría parte da zona de caza. Case todos os participantes localizaron algunha peza, pero tiveron sorte dispar á hora de abatela, xa que a orografía do terreo era complicada.


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza